A III Edición da ceLANova PARTY


A ceLANova PARTY 2007 é a terceira edición que se vai a celebrar da que se considera a primeira party informática no concello de Celanova (e na provincia de Ourense, fóra do ámbito universitario). Trala boa acollida da edición do 2005, e da segunda do 2006, este ano o listón colócase uns chanzos máis enriba.

Fai xa uns meses que todo está en marcha, e como novidade a III edición da ceLANova PARTY celebraráse no Claustro Neoclásico do Mosteiro de San Salvador de Celanova (I.E.S. Celanova). Disporáse dunha rede LAN de 10/100 MBs e WireLess 802.11g, acceso a internet cun grande ancho de banda (confirmouse unha conexión de 48MBs, 48 veces maior dunha ADSL Clásica), competicións, premios... e moito máis.

Ofértanse 70 prazas cun custe simbólico de 15€ que próximamente poderedes reservar dende esta mesma páxina no apartado [ Inscrición ]

Que é unha Lan Party?


Dende fai uns anos en todo o mundo véñense xuntando as comunidades de xogadores nun mesmo lugar para interconecta-los seus ordenadores nunha soa rede local. Esta rede permítelles obter unha gran velocidade de transferencia de datos para calquera fin relacionado coas suas aficións informáticas. As "Lan Partys", do inglés "Local Area Network Party", veñen sendo unha festa informática de ámbito local, diferenciándose moito da rede común, internet.

O obxectivo de asistir a estes eventos é conecta-lo teu equipo informático directamente co doutras persoas e así obter unha alta tasa de transferencia de datos que serían imposibles de conseguir conectado a internet. Grazas a esto pódense xogar partidas e facer competicións de xogos multixogador prácticamente a tempo real.

Evidentemente xogar non é o único que estas redes locais de alta velocidade permiten. Moitos participantes destes eventos aproveitan a ocasión para aprender doutros usuarios, rompendo a barreira do impersonal que marca internet e tendo a opción de coñecerse en persoa, axudándose e aprendendo mutuamente.

Subir
Bajar