Os que vindes co voso equipo coa idea de levar o premio á mod máis chamativa, orixinal... de sobra sabedes de que se trata.
O modding, do inglés 'modifying', é unha evolución natural do 'overclocking'. Consiste en realizar trocos no ordenador procurando unha mellora estética (iluminación, pintura, etc.) ou funcional (menos ruido, mellor refrixeración, etc.); non todo o modding se fai para converter a 'caixa' nalgo chamativo, senón que pode procurar, ó contrario, armoniza-la estética do PC ca decoración da habitación ou mellora-la súa portabilidade.
A excepción dos propios componentes electrónicos que forman a arquitectura dun PC, todo o demáis é perfectamente modificable, e temos que dicir que o grande mérito do modding, é acadar un deseño moi atractivo empregando o menor número de compoñentes mercados de serie.
Na ceLANova PARTY, premiaremos a mod que resulte estéticamente máIs orixinal e que conte co menor número posible de compoñentes comerciais. Terase en conta sobre todo, o acabado dos detalles e a homoxeneidade do conxunto cos accesorios (monitor, rato, teclado,etc.).
O uso de tecnoloxías de milloras do rendemento global do sistema (tales coma os sistemas de refrixeración múltiples, refrixeración líquida, overclocking, etc.) teranse en conta por parte do xurado da organización. Estudiamos a posibilidade de que vos, os propios participantes, teñades a oportunidade de votar pola mod que máis vos impresione.