Todos os participantes da ceLANova PARTY 2007 aceptan cumprir unha serie de normas básicas tanto para a inscrición no evento como para a convivencia no recinto durante a party.
>>> A prescrición para a ceLANova PARTY 2007 poderase realizar de dous xeitos:
—- Mediante o formulario de prescrición desta mesma web e abonando a cota de 15 € na conta bancaria que se indique no mesmo.
—- Ou ben na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Celanova, sita nos baixos da casa do concello, cumprimentando o formulario e abonando alí mesmo a cota dos 15€.
>>> As solicitudes de praza serán atendidas por rigurosa orde de chegada dos formularios.
>>> No caso de non abonar a cota requerida no prazo indicado, a solicitude porase en lista de agarda dun novo prazo.
>>> No caso de abonar a cota e non ter praza asignada na party, o importe será devolto ó pasar á party amoando o xustificante bancario. Abono que non se terá en conta se o participante logo dispón de praza e se lle solicita a satisfación da cota de inscrición.
>>> A Organización resérvase o dereito de ampliar o número de prazas, informando por correo electronico ós preinscritos e na páxina web. Asimesmo, a organización resérvase dispor de prazas para as invitacións que considere oportunas (colaboradores).
>>> Identificarse co DNI e traer o xustificante de pago bancario ou emitido pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Celanova.
>>> Traer sempre visible a acreditación como participante na ceLANova PARTY.
>>> Non se permite fumar dentro do recinto.
>>> Non se permite o acceso de animais ao recinto.
>>> Non se permite a entrada de bebidas alcólicas no recinto.
>>> Non se permite o uso de altofalantes nin de equipos de música. Recoméndase o uso de auriculares.
>>> Non se permiten actitudes molestas para o resto de participantes.
>>> Non se permite retirar do recinto ningún equipo informático ata que se dé por clausurada a party.
>>> É imprescindible que os equipos teñan instalada unha tarxeta de rede con conector RJ45, 10 ou 10/100.
>>> Ós inscritos que pernocten no recinto recoméndaselles que leven saco de durmir e útiles de aseo.
>>> A Organización non se responsabilizará de roubos, furtos, rachaduras, virus informáticos, desaparicións, así como problemas eléctricos nos aparellos que o participante leve ó recinto.
Recoméndase o uso de regletas de protección de tensión/fusibles ou sistemas de alimentación interrumpida (SAI).
>>> A organización poderá expulsar da party a calquera persoa que non cumpra as normas se o considera oportuno e necesario.