14/08/07 Fotos!!

Xa están subidas na web, parte das fotos do que foi a ceLANova PARTY 2007. Podedes visualizalas dende a [ Galería ]. Todos aqueles que teñades tamén material gráfico sobre a ceLANova PARTY 2007, que se poida subir á web, podedes remitilo por correo electrónico á dirección organizacion@celanovaparty.net.

14/08/07 Gañadores!!

Parabéns para tódolos gañadores das competicións celebradas na ceLANova PARTY 2007.
Para os que non tiveron ocasión de ver o resultado das competicións de Programación podedes consultalos dende a páxina de [ Actividades ].

14/08/07 AGRADECEMENTOS!!

Dende a Organización da ceLANova PARTY 2007, queremos amosar os nosos máis humildes e sinceros agradecementos a tódolos asistentes e participantes, que dende un principio nos axudaron a que este evento tivese lugar, xa sexa mediante a súa axuda técnica, organizativa e/ou moral. Como sempre dicimos, cada un de vós tamén forma parte da ceLANova PARTY, e sen a vosa colaboración esto non sería posible. Aproveitamos tamén para agradecer a tódolos patrocinadores a súa colaboración. Recibide un cordial saúdo, e agardamos vervos a todos o ano que vén.

08/08/07 Ampliación e máis novas da ceLANova PARTY!!

Comunicámosvos que grazas ao Concello e á Dirección do IES Celanova se alargará a ceLANova PARTY, ata mañá xoves día 9 ás 16:00horas, momento no que deberá ter abandonado o recinto todo o mundo. As competicións deben quedar resoltas hoxe, tal e como se había planificado. Os participantes en Codding, Video e Deseño Dixital deben entregar os traballos hoxe antes das 18:00horas. As finais das competicións de DDR, NFS, CS, COD2 e Quake deben estar rematadas antes das 21:00horas, momento no cal terá lugar a entrega de premios. Se a esa hora non están rematadas as competicións realizarase un sorteo dos premios entre tódolos participantes presentes. Establécese o horario para o Lanzamento de CD ás 18:30horas.

08/08/07 Gañador da Caixa Xion Solaris!!

O gañador da Caixa Xion Solaris, que se sorteaba entre os inscritos pagados antes do día 20 de Xullo, resultou ser Dagar. O sorteo realizouse onte 7 de Xullo ás 19:30horas no recinto da party e nel entraron todos os participantes indicados a continuación (estivesen presentes ou non):
                                  -.fLoOpY.-
                                  -.GroVa.-
                                  -.MataPlAtanoS.-
                                  -.disonante.-
                                  -.NefHer.-
                                  -.Machochito.-
                                  -.Andurino.-
                                  -.showman1.-
                                  -.LRx3.-
                                  -.sicruis.-
                                  -.Dagar.-
                                  -.sam.-
                                  -.fowler.-
                                  -.correa306.-
                                  -.Hefesto.-

06/08/07 DESPEGAMOS!

Hoxe comeza a terceira edición da ceLANova PARTY, que ven a ser o tamén chamado III Encontro Informático de Celanova. As instalacións atópanse no andar soto do Claustro do Poleiro do Mosteiro de San Salvador, que é un enclave único para este tipo de eventos. Con 48 MB de velocidade e un paquete de actividades que van dende os xogos sobre pc, o deseño dixital e o modding preténdese entreter ós participantes durante os tres días e dúas noites que dura o evento. O recinto permanecerá aberto as 24 horas e será de acceso gratuito a tódolos visitantes, mentres que os interesados en participar deberán abonar 15€ e achegarse co seu propio ordenador.
03/08/07 ÚLTIMA HORA!!

Seguiranse ofertando prazas ata compretar o cupo previsto. As inscricións poderanse efectuar do seguinte xeito:
-Durante a party (do 6 ao 8 de Agosto), únicamente nas Instalacións da ceLANova PARTY (IES Celanova), polo que podedes preinscribirvos e pagar as tasas alí mesmo. Todos aqueles que aínda non pagaron os 15€, poderán facelo igualmente no punto de control da ceLANova PARTY. Ánimo que xa queda pouco!!.
[ Inscríbete aquí ]

03/08/07 A tenda de informática ENTER colabora coa ceLANova PARTY 2007

A tenda de informática ENTER, especializada na venda de compoñentes informáticos, colabora coa ceLANova PARTY 2007, a través do seu punto de venda en Ourense. Nesta ocasión, ceden diversos materiais, que se destinarán a premios nos diferentes concursos que se levarán a cabo.
                                                + info: www.enterinformatica.org

03/08/07 A tenda de informática en liña CONTROLP colabora coa ceLANova PARTY 2007

A tenda de informática en liña CONTROLP, especializada na venda de compoñentes informáticos, colabora coa ceLANova PARTY 2007, a través do seu punto de venda en Ourense. Nesta ocasión, ceden diversos materiais, que se destinarán a premios nos diferentes concursos que se levarán a cabo.
                                                + info: www.controlp.com

01/08/07 A tenda de informática UP colabora coa ceLANova PARTY 2007

A tenda de informática UP-INOFRMÁTICA, especializada na venda de compoñentes informáticos, colabora coa ceLANova PARTY 2007, a través do seu punto de venda en Ourense. Nesta ocasión, ceden diversos materiais, que se destinarán a premios nos diferentes concursos que se levarán a cabo.
                                                + info: www.c-system.net

31/07/07 A rede Batch-Pc colabora coa ceLANova PARTY 2007

A rede de tendas BATCH-PC, especializada na venda de compoñentes informáticos, colabora coa ceLANova PARTY 2007, a través do seu punto de venda en Ourense. Nesta ocasión, ceden diversos materiais, que se destinarán a premios nos diferentes concursos que se levarán a cabo.
                                                + info: www.batch-pc.com

31/07/07 A rede APP Informática colabora coa ceLANova PARTY 2007

A rede de tendas APP-INFORMATICA, especializada na venda de compoñentes informáticos, colabora coa ceLANova PARTY 2007, a través do seu punto de venda en A Valenzá. Nesta ocasión, ceden diversos materiais, que se destinarán a premios nos diferentes concursos que se levarán a cabo.
                                                + info: www.appinformatica.com

26/07/07 A distribuidora de bebidas BEGANO colabora coa ceLANova PARTY 2007

A distribuidora de Bebidas refrescantes BEGANO de Ourense colabora coa party un ano máis, cedendo diverso material publicitario, que se regalará aos participantes e asistentes á ceLANova PARTY 2007.

                                                
+ info: www.begano.com

27/07/07 A casa de turismo rural A RECTORAL DE ANSEMIL colabora coa ceLANova PARTY 2007

A casa de turismo rural A Rectoral de Ansemil de Celanova colabora coa party un ano máis, cedendo varios hospedaxes nas súas instalacións, que se entregarán como premios aos participantes na ceLANova PARTY 2007.

                                   
+ info: www.rectoraldeansemil.com

26/07/07 A ceLANova PARTY recomenda o IX FOLIÓN CASTREXO

Do 9 ó 11 de Agosto celébrase en Celanova o IX Folión Castrexo, organizado novamente pola Asociación Cultural Castramao, co apoio do Concello de Celanova. Dende a ceLANova PARTY recomendamos a tódolos participantes a asistencia a unha das festas históricas máis chamativas da provincia de Ourense.
                              + info: www.folioncastrexo.com

26/07/07 A rede BEEP colabora coa ceLANova PARTY 2007

A tenda de Informática BEEP Ourense de Camiño Caneiro colabora coa party un ano máis, cedendo diverso material publicitario, que se regalará aos participantes e asistentes á ceLANova PARTY 2007.

                                                
+ info: www.beep.es

26/07/07 A Iniciativa Galega polo Software Libre MANCOMUN.ORG colabora coa ceLANova PARTY 2007

A Iniciativa Galega polo Software Libre MANCOMUN.ORG, colabora coa party, entregando a tódolos asistentes software libre en galego.

                                                
+ info: www.mancomun.org

24/07/07 A rede PC-BOX colabora coa ceLANova PARTY 2007

A rede de tendas PC-BOX, especializada na venda de compoñentes informáticos, colabora novamente coa ceLANova PARTY 2007, a través do seu punto de venda en Ourense. Nesta ocasión, ceden diversos materiais, que se destinarán a premios nos diferentes concursos que se levarán a cabo.
                                                + info: www.pcbox.com

24/07/07 A revista CÓDIGO CERO colabora coa ceLANova PARTY 2007

A revista de novas tecnoloxías Código Cero colabora coa party, publicando varios artículos na súa revista en liña que darán a coñecer a ceLANova PARTY máis alá da nosa vila.

                                                
+ info: www.codigocero.com


23/07/07 Participantes do SORTEO da Caixa Xion Solaris!


Os participantes que se atopan inscritos e que participarán no sorteo da espectacular caixa XION Solaris serán:
                                  -.fLoOpY.-
                                  -.GroVa.-
                                  -.MataPlAtanoS.-
                                  -.marta.-
                                  -.mapaxe.-
                                  -.disonante.-
                                  -.NefHer.-
                                  -.Machochito.-
                                  -.unam.-
                                  -.Andurino.-
                                  -.showman1.-
                                  -.LRx3.-
                                  -.sicruis.-
                                  -.Dagar.-
                                  -.sam.-
                                  -.fowler.-
                                  -.correa306.-
O sorteo realizarase o día 6 de Agosto ás 18h no recinto da ceLANova PARTY.


20/07/07 Aberto o Derradeiro Prazo de Inscrición ata o 02/08/2007!!

A partires de hoxe podes reservar a túa praza para asistir á ceLANova PARTY. Este prazo, será o derradeiro que se abrirá on-line, polo que non perdas esta oportunidade de inscribirte na III ceLANova PARTY. Este prazo rematará o día 02 de Agosto. Desfrutarás de espléndidos premios. Date présa, cada vez somos máis os que asistiremos a esta party, polo que quedan menos prazas para anotarse. Apúntate xa, dende este enlace [ Inscrición ].


19/07/07 Entradas para as piscinas!!

Un ano máis, e como xa ven sendo habitual, o Concello de Celanova entregará entradas gratuítas ás Piscinas Municipais, a todos aqueles participantes na ceLANova PARTY, para que poidan disfrutar das instalacións durante os días que dure a party.
Os vales de entrada entregaránse durante a party a aqueles que o soliciten.

                                        


12/07/07 Máis Sorpresas!! Este ano a túa prescrición ten PREMIO!!


Este ano todos aqueles que compretedes a vosa inscrición antes do día 20 de Xullo, participaredes no sorteo dunha espectacular caixa XION Solaris.
Características:
-CAIXA SEMITORRE ACEIRO ATX.
- BAHIAS: 4x 5,25"externas,1x 3,5"externas,5x 3,5" internas
- 2 X USB 2.0, AUDIO e MIC FRONTAIS
- 1 VENTILADOR 80mm LATERAL CON LED
- 1 VENTILADOR 80mm TRASEIRO
- DIMENSIÓNS: 455 x 180 x 410 mm
- FONTE ALIMENTACION 450W
Preinscribete e fai o pagamento das tasas antes do día 20 de Xullo e participarás no sorteo da caixa XION Solaris o día 6 de Agosto ás 18:00 horas na ceLANova PARTY!! Non te quedes sen ela!.    [ Inscríbete aquí ]
Promoción válida para os primeiros 20 inscritos pagados! As cores da caixa poden variar.


11/07/07 Aberto o Segundo Prazo de Inscrición ata o 20/07/2007!!

Se desexas participar na ceLANova PARTY 2007, aínda estás a tempo, e recomendásmoche que non o deixes para última hora, pois logo non quedarán prazas para todos!!
A que estás esperando? Apuntate xa!! Se desexas inscribirte agora podes facelo dende o seguinte enlace:
                                                                  [ Inscríbete aquí ]


05/07/07 oteuSMS.com patrocinará a ceLANova PARTY obsequiando aos asistentes con bonos de sms gratuitos

A web adicada á promoción mediante envío masivo de sms, confirma o seu patrocinio da ceLANova PARTY 2007, obsequiando aos asistentes con bonos de sms, que poderan empregar para enviar mensaxes de texto sms a través da web www.oteusms.com.


02/07/07 Nova Edición. Nova Web. Nova ubicación. Novo prazo de inscrición!!

Aqui tendes a web para a ceLANova PARTY 2007, na que vos manteremos puntualmente informados de tódalas novidades que vaian aparecendo. Por agora, presentámosvos:
-A nova ubicación: Andar Soto do Claustro Neoclásico (I.E.S. Celanova) do Mosteiro de San Salvador de Celanova.
-O novo prazo de inscrición: aberto ata o 10 de Xullo de 2007.
Inscríbete xa, non te quedes sen asistir a esta edición da ceLANova PARTY.
                                                                  [ Inscríbete aquí ]


24/06/07 Cartel anunciador ceLANova PARTY 2007

Xa temos o cartel anunciador da ceLANova PARTY 2007, aquí podedes ver unha pequena mostra e tamén vos deixamos o cartel en .pdf, para que os que queirades podades imprimilo ou difundilo para que chegue ao maior público posible.


20/06/07 Xa temos datas para a ceLANova PARTY 2007!!

Podemos confirmar que a ceLANova PARTY 2007, se celebrará este ano do 6 ao 8 de Agosto, entre as tradicionais FESTAS DA RAMALLOSA e as FESTAS DO SAN ROQUE. Recorda que a ceLANova PARTY será do luns día 6 ata o mércores día 8 de Agosto, para que o fin de semana do 10 ao 12 poidades asistir ao FOLION CASTREXO.
Permanecede atentos á páxina web, pois logo abriremos os primeiros prazos de inscrición.
Este ano NON TE PERDAS A ceLANova PARTY 2007


Subir
Bajar