Aceptación de termos e condicións
Termos e condicións ceLANova Party 2007. Coa adquisición da entrada, ao formaliza-la inscrición completamente, daráselle acceso á ZONA LAN. Cada usuario acepta sen restriccións os termos e condicións que se detallan a continuación. A organización da ceLANova PARTY 2007, resérvase o dereito de modificar total ou parcialmente os presentes termos e condicións en calquera intre. Estes trocos e modificacións serán notificados mediante a súa publicación na páxina web da ceLANova PARTY (http://www.celanovaparty.net) e vía correo electrónico a aquelas persoas inscritas ou preinscritas. Se por calquera motivo, os termos e condicións non son aceptables por vostede, deberá rematar ca súa inscrición, para participar na ceLANova PARTY 2007, neste punto. 01-Admisión. Poderán participar tódalas persoas físicas maiores de 16 anos, e aqueles menores de 16 anos acompañados de persoas maiores de idade que se responsabilicen deles. A organización da ceLANova PARTY 2007 non se fai responsable dos participantes menores de 16 anos. Por esto, tódolos participantes que concorran nesta situación e desexen asistir á ceLANova PARTY 2007 deberán ir acompañados dos seus pais, titores ou dunha persoa maior de idade que se responsabilice deles, do seu comportamento no recinto e dos danos que poidesen sufrir ou ocasionar no mesmo. Nos casos nos que o acompañante, responsable do menor de 16 anos, non sexa pai ou titor do menor, este terá que presenta-la debida autorización na que se fará constar os datos persoais do participante menor de 16 anos, así coma os datos do responsable do mesmo. Esta autorización irá debidamente firmada polos pais ou titores do menor. As prazas para participar na ceLANova PARTY 2007 son limitadas. As prazas iranse asignando por estricto orde de chegada dos formularios de inscrición debidamente cumprimentados, e sempre e cando o pago fose realizado e validado. A organización da ceLANova PARTY 2007 reserva a facultade de adoptar criterios alternativos en determinadas circunstancias, sen necesidade de previo aviso. No suposto de non quedar prazas vacantes, vostede recibirá unha comunicación indicándolle a súa inclusión na lista de agarda, non procedéndose ó cobro da cuota de inscrición ata que non se lle asigne unha praza pola organización. Se quedasen prazas vacantes, estas asignaránselle por estricto orde de chegada dos formularios de inscrición, debidamente cumprimentados, e sempre e cando o pago da cuota fose realizado e validado. Os participantes deberán ter un medio de identifiación persoal, sexa DNI ou pasaporte, para a identificación no intre no que se lle requira por calquera membro da organización. A organización da ceLANova PARTY 2007, reseva o dereito de admisión das solicitudes de participación no evento. O importe da cuota de inscrición das solicitudes que por calquera causa non sexan admitidas, serán reintegradas ó seu titular. 02-Cota de participación e dereitos dos participantes. -Entrada ó recinto nos días programados para o evento, é dicir, dende as 10:00 horas do día 6 de Agosto de 2007, ata as 21:00 horas do día 8 de Agosto de 2007. -Un posto asignado na Zona Lan para instalar o seu ordenador persoal, cunha toma de rede e unha toma de corrente. -Un lugar asignado na zona de acampada. -Participación nas actividades e competicións programadas, de acordo coas condicións xerais e particulares que se determinen por parte da organización para cada unha das mesmas. Só se admite unha inscrición por persoa. As inscricións son nominais e non se permite o troco de titular da mesma. A admisión está condicionada ó pago da cota de participación, polos procedementos de pago mediante transferencia bancaria ou na "Oficina de Información Xuvenil" do Concello de Celanova (cumprimentando ali mesmo o formulario). A organización da ceLANova PARTY 2007, non se fará responsable dos furtos ou roubos de materiais ou de calquera outra pertenza persoal, sexan estes consumibles, non consumibles ou de calquer outro caracter, dos participantes no evento. Por isto, recoméndase non deixar sen vixiancia algunha as pertenzas dende o comezo do evento ata que finalice o mesmo. Do mesmo xeito, a Organización da ceLANova PARTY 2007, non se responsabiliza dos contidos que se poidan descargar ou intercambiar entre si os participantes, sexan estes da natureza que sexan. Cada usuario é responsable do uso que fai da infraestructura que a organización pon a servizo dos participantes no evento. 03-Actividades. Durante o evento a organización ten previstas unha serie de actividades ás que se poderán acceder como participantes sen coste algún. Para poder acceder a elas deberanse cumprir as condicións particulares que se estipulen para cada unha delas. A organización da ceLANova PARTY 2007 resérvase o dereito de cancelar, modificar ou alterar calquera das actividades, competicións ou conferencias a desenrolar durante o evento. As cancelacións, trocos ou alteracións nestas actividades comunicaranse mediante a súa publicación na páxina web. 04-Normas de actuación. Tódolos participantes deberán cumpri-las normas de comportamento que estableza a organización da ceLANova PARTY 2007. Entre as mesmas, e sen carácter exhaustivo, atópase a prohibición de fumar fora das zonas permitidas ou introducir bebidas alcólicas á Zona Lan e de acampada e a prohibición de empregar altofalantes. Estas normas serán publicadas na páxina web coa suficiente antelación. A organización reserva o dereito de expulsar a un participante por contravir as normas, ou impor outras medidas disciplinarias con tal de manter o espírito da boa convivencia durante a actividade e o dereito do resto dos participantes. 05-Cláusula de datos persoais. Os datos persoais sumistrados polos participantes son confidenciais e serán protexidos conforme a Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de 1999, de protección de datos de carácter persoal, o Real Decreto 994/1999, do 11 de xuño, polo cal se aproba o reglamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de caracter persoal, e demáis disposicións vixentes. ceLANova PARTY informa ós participantes acerca da política de protección de datos de carácter persoal, para que os usuarios determinen libre e voluntariamente se desexan facilitar os seus datos persoais mediante os formularios eléctrónicos presentes na web. ceLANova PARTY adoptou os niveis de seguridade de protección dos datos persoais legalmente requeridos, e instalou tódolos medios e medidas técnicas ó seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados. Non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade de internet non son inexpugnables. En ningún caso, ceLANova PARTY empregará os datos persoais dos participantes para fins distintos dos descritos nos presente termos e condicións, salvo previa advertencia recollida na web, outorgando un prazo razoable para a oposición do participante a elo. A finalidade da recollida e tratamento automatizado dos datos persoais dos participantes inclúe o emprego de dita información para fins informativos e de organización do evento, o envío de publicidade, de información relacionada co evento, que poderá realizarse a traverso do correo electrónico ou por calquera outro medio, tanto por parte da ceLANova PARTY 2007, como dos colaboradores do evento. Con respecto á cesión dos datos, ceLANova PARTY 2007 non cederá os datos persoais dos participantes a terceiros sen o consentimento expreso do participante. ceLANova PARTY 2007 ofrecerá ao usuario a posibilidade de aceptar ou non esta cesión no caso de se plantexar. ceLANova PARTY 2007 informará expresamente ao participante sobre a cesión dos seus datos de carácter persoal a terceiros, indicándolle a identidade dos cesionarios e a finalidade da cesión dos datos de carácter persoal. O participante recoñece que a ceLANova PARTY 2007 poderá ceder, no seu caso, os seus datos persoais ás empresas colaboradoras do evento coas mesmas finalidades que se indicaron para a recollida dos datos persoais por parte da ceLANova PARTY 2007, garantizándose en todo o caso a confidencialidade no tratamento automatizado dos datos de carácter persoal e aplicándose o disposto na presente política de protección de datos de carácter persoal da ceLANova PARTY 2007.