A ceLANova PARTY vai contar con tres zonas ben diferenciadas:
>>> Zona LAN.
Esta zona será de acceso exclusivo ós participantes na ceLANova PARTY.
Superficie destinada á instalación dos ordenadores persoais dos participantes. Cada usuario disporá dunha superficie de 1 metro cadrado para colocar o seu pc, 1 toma de 220 V (importante que traiades unha regleta) e unha toma de cable de rede (fast ethernet).
Esta parte estará destinada só para os participantes, ainda que será visible por todos os visitantes.
Unha gran cantidade de datos compartidos entre todos os participantes durante toda a party será un dos alicientes paralelos ás competicións de Xogos. Para elo a organización instalará un servidor Direct Connect (sistema de transferencia de arquivos de alta velocidade en redes LAN (100 Mbps) + Chat).
Ademáis tódolos participantes terán acceso ós servidores adicados ós xogos propostos pola organización.
>>> Zona EXTRANET.
De acceso a todo o público e visitantes que se acerquen a ver o transcorrer da ceLANova PARTY. Ó mesmo tempo nesta zona diferenciamos dúas subzonas: :
>>> Subzona de ACTIVIDADES PARALELAS.
Nesta zona habilitaranse varias videoconsolas, así como outras máquinas de xogo tradicionais para que os visitantes e participantes poidan xogar partidas..
>>> Subzona de SERVIZOS.
Nesta zona habilitaranse servizos tales como: acampada, lavabos, aulas de conferencias, máquinas expendedoras,...